Guía práctica | Primeiros pasos en redes sociais

socialmedia

Na guía práctica da semana pasada falabamos dos primeiros pasos que ten que dar un negocio na rede. Xa fixestes unha análise interna e da competencia? Tedes claros os vosos obxectivos? Como vos vai ca estratexia de contidos?

Hoxe vemos algunhas claves importantes que debedes ter en conta antes de lanzarvos a comunicar en redes sociais.

  • Os contidos. Comezamos polo último punto da última guía práctica. A estratexia de contidos é a base fundamental sobre a que se asenta a comunicación dunha marca na rede. No blog e nas redes sociais vou falar de produtos e servizos que vendo, da actualidade do sector, de eventos de interese ou nos que participo, vou crear concursos, publicar ofertas, etc. Tamén é moi importante pensar nos tipos de contidos que ides usar e que máis vos conveñen: imaxes, vídeos, textos, infografías, etc. Se non partides desa estratexia acabaredes por publicar sempre o mesmo e non conseguiredes fidelizar ou aumentar a comunidade de usuarios que vos segue.
  • Recursos. Recursos humanos e económicos. Quen se vai encargar da comunicación na empresa? Ten os coñecementos necesarios? E se non hai ninguén que responda ao perfil, de que recursos dispoñedes para externalizar o servizo? E aquí non acabaron os gastos; hoxe hai que investir en Facebook Ads. para conseguir visibilidade nesta rede social. E tamén hai que usar aplicacións como easypromos (aplicación autorizada por Facebook) para facer sorteos e concursos. Algunha dúbida? Escribídenos un comentario e botámosvos unha man.
  • Redes sociais. Non cansamos de repetir que non hai que estar en todas as redes sociais. Facebook é básica para promocionar produtos e servizos, responder a clientes ou potenciais clientes, etc. En Twitter conectámonos á realidade do noso sector e é unha canle fundamental para interactuar con usuarios de interese. Tedes unha tenda en liña? Cómpre que promocionedes os vosos produtos en Instagram ou Pinterest. Para algúns de vós será importante ter unha páxina en Linkedin e para case todos, actualizar un blog axuda a formar e fidelizar á xente que nos segue.

Admítense comentarios para resolver calquera dúbida que teñades. Non actualicedes por actualizar, xestionádeo dunha maneira profesional ou agardade ata que poidades investir os recursos necesarios. É moi importante coidar o prestixio da marca na rede.

 

1 comentario

  1. Pingback: 5 claves para xerar interacción en redes sociais - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.