Guía práctica | Primeiros pasos para un negocio na rede

cemitverin

Ultimamente en Xente Dixital falámosvos de comercio electrónico, gamificación, software libre… Hoxe queremos botarvos unha man aos que aínda non estades na rede, aos que non sabedes por onde comezar. Antes de encargar unha páxina web ou de crear un perfil persoal en Facebook co nome da vosa empresa, tedes que dar os seguintes pasos:

  • Eu na rede. O primeiro paso é facer unha análise interna. Se aínda non o fixestes, probade a buscar a vosa empresa en google. Pode que xa aparezades nos resultados de busca de paxinasgalegas.es, por exemplo, ou que xa teñades un perfil en Google. Despois hai que definir a quen vos dirixides, cal é o voso público obxectivo. Por último e isto é fundamental, antes de comezar tedes que pensar moi ben de que recursos dispoñedes para adicarlle á comunicación do negocio. Recursos económicos – para a creación dunha web ou para investir en publicidade en internet, por exemplo – e humanos – Hai alguén na empresa capacitado para xestionar a comunicación da mesma? Podo recurrir a un profesional externo? –.
  • A competencia. O primeiro é identificar aos principais competidores e avaliar que están a facer en internet. É probable que vos decatedes de que ou non están ou de que o están a facer moi mal. Iso non significa que teñades que quedar como estades senón todo o contrario: tedes a oportunidade de chegar a potenciais clientes que consultan información sobre produtos e servizos que necesitan en google ou nas redes sociais, todos os días. Tamén resulta útil identificar tendencias, oportunidades (produtos que eu teño e que ninguén vende) e ameazas (se non coido o que vendo, as opinións dos clientes perxudicaranme).
  • Obxectivos. Que buscamos e como consideramos que internet nos pode axudar? Queremos que nos coñezan? Que aumente o volume de vendas? Entrar en contacto con outros profesionais? Respondede a estas preguntas antes de contactar cun profesional que vos axude coa comunicación da marca.
  • Necesitamos unha estratexia de comunicación e contidos. O día que creedes web, blog e redes sociais, resultaravos útil unha estratexia que conteña unha lista de temas a tratar, un calendario coas datas importantes para vós, as fontes de información ás que acudir ou as campañas que pensades desenvoler.

Na próxima guía práctica axudarémosvos a comezar en redes sociais. Xa vos contamos que non é necesario estar en todas e que cada unha serve para unha cousa diferente. Que redes sociais escollestes para o voso negocio? Por que?

2 comentarios

  1. Pingback: Guía práctica | Primeiros pasos en redes sociais - Xente Dixital

  2. Pingback: Guía práctica | Crear un plan de comunicación - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.