Guía práctica | Publicar en Tumblr

Escritorio_Tumblr

Na última guía práctica explicabamos como crear un blog en Tumblr. Hoxe iniciamos sesión e repasamos as distintas opcións de publicación. Ides atoparvos cun panel de xestión moi distinto ao de Blogger ou ao de WordPress; Tubmlr adáptase perfectamente ao tipo de contido que queredes publicar.

Escritorio_Tumblr2

Texto

É a primeira opción de publicación coa que vos atoparedes no dashboard (no escritorio). Empregade a barra de ferramentas para cambiar o formato, engadir ligazóns, imaxes, etc. Facede clic ao lado de “publicar” para gardar o post como borrador ou programalo para o día e a hora que queirades.

Fotos

É moi sinxelo publicar fotos en Tumblr. Podedes subir fotos dende o voso equipo, arrastrar os arquivos ao formulario de publicación ou facer clic en “URL”, na parte inferior do formulario, para publicar unha foto dende unha URL específica. Tamén podedes crear galerías de fotos seleccionando máis dun arquivo se subides fotos gardadas no ordenador, ou arrastrando máis dunha imaxe ao formulario de publicación.

Vídeos

Se sodes usuarios de Youtube ou Vimeo, só tendes copiar o código de inserción ou a ligazón do vídeo no formulario de publicación. Ademais, podedes subir arquivos .MOV ou .MP4 ata acadar o límite diario de 100 MB.

Outras formas de publicar

Xa vos contamos que en Tumblr podedes publicar por correo electrónico. A través do cliente de correo que prefirades, enviade un correo ao enderezo de publicación que atoparedes na pestana de configuración. Podedes publicar texto, fotos, ligazóns, etc.

Por último, pódese publicar a través dun bookmarklet ou marcador. Na seguinte ligazón atoparedes un botón que deberedes arrastrar á barra de marcadores do navegador. É unha maneira rápida e sinxela de compartir calquera contido interesante que atopedes na rede no voso blog.

Non esquezas que…

… coma noutras plataformas de blogs, debemos respectar certas normas e botar un ollo á política de privacidade. Que información recollen e como a usan? Como podemos borrar a nosa conta e que ocorre cando o facemos?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.