A semana pasada a Asociación PuntoGal presentaba a Fase Aberta do dominio .gal. Despois das fases previas nas que se rexistraron máis de 1.000 dominios, dende este martes, calquera persoa que queira pode solicitar o seu .gal. Trátase de fomentar o uso do galego na rede e de contribuír a que a cultura galega gañe visibilidade na contorna dixital. Ademais facilítase o achegamento das empresas galegas ao seu púbico.
Na páxina dominio.gal podedes informarvos das vantaxes, da historia do dominio .gal que comeza no 2006 coa creación da promotora para a constitución da Asociación PuntoGal, e “comprobar se está libre un dominio .gal”. Se a resposta é “dominio dispoñible”, cal é o seguinte paso?
O seguinte paso é rexistrar o dominio a través da empresa que prefirades. Podedes facelo, por exemplo, en dinahosting.gal, empresa galega provedora de dominios e aloxamento web. Despois de facer clic en “rexistrar”, pediranvos que vos deades de alta en dinahosting (ou na web da empresa que escollades). Conseguiredes un nome de usuario e un contrasinal co que acceder ao voso panel de control.
PuntoGal porá en marcha unha campaña na que se publicitará o .gal como elemento de promoción da lingua e a cultura galegas. Baixo o lema “os galegos temos un punto”, trátase de dar a coñecer o .gal como lugar común na rede.




Quixera que me indicarades como podo facer para ter una mail con .gal . Grazas
Ola! Queres dicir un dominio non? Nesta páxina podes saber se o teu dominio está libre –josemanuel.gal, por exemplo– e reservalo. É unha empresa galega 😉 https://dinahosting.com/dominios