En Xente Dixital xa publicamos unha guía práctica de Tripadvisor, para que puidésedes tirar proveito desta rede social para planificar as vosas vacacións. Pero Tripadvisor é interesante, ademais, para as empresas que pertencen ao sector turístico. Por que e como darse de alta en Tripadvisor?
Por que anunciar o voso negocio en Tripadvisor?
- Millóns de persoas empregan Tripadvisor cada mes para planificar as súas viaxes.
- Amosar o voso establecemento. Chegaredes a un gran número de consumidores no mesmo momento no que están organizando as súas vacacións.
- É un servizo gratuíto. Tripadvisor non cobra (polos servizos básicos) para ofrecer unha información o máis completa posible aos seus usuarios.
- Impulsar o voso negocio. A páxina ofrécevos unha serie de ferramentas e recursos que podedes empregar para chamar a atención dos clientes potenciais.
Como darse de alta?
Tendes que facer clic aquí e seleccionar o tipo de negocio: hoteis, restaurantes, atraccións e recursos. E completar o formulario de rexistro. Nesta mesma páxina atoparedes a política de Tripadvisor para os distintos perfís: inclúen aloxamentos que ofrecen varias habitacións nun enderezo específico e que poden aloxar a máis de un grupo de hóspedes a un tempo, atraccións ou lugares permanentes de interese para os turistas, restaurantes abertos ao público en xeral, e recursos para viaxar relacionados con información de turismo oficial, multipropiedades, empresas que ofrezan rutas, etc.
Perfil Plus
As páxinas de Tripadvisor para empresas son gratuítas pero Perfil Plus é un servizo que axuda a impulsar as reservas directas ao ofrecer aos viaxeiros o número de teléfono, o correo electrónico ou datos de contacto da web. Queredes saber como funciona?
Non esquezas que…
… Tripadvisor ofrécenos información sobre como tratan e comparten a nosa información privada. Ademais, facilítanos información sobre como eliminar un perfil se decidimos que xa non queremos estar presentes nesta rede social.




