Guía práctica | Vimeo

vimeo

Vimeo é unha alternativa a Youtube para compartir vídeos na rede que está gañando cada día máis seguidores. Por que? Entre outras cousas, conta cunha imaxe moi coidada, é unha referencia para os profesionais que comparten contido deste tipo na rede, e a publicidade non é unha barreira entre o usuario e o vídeo que lle interesa. Repasamos os conceptos básicos:

vimeo2

  • Subir. É moi sinxelo subir vídeos en distintos formatos. Unha vez subido podemos engadir título, descrición e etiquetas, e aplicar melloras de aspecto e música.
  • Compartir. Cando subimos un vídeo a Vimeo debemos revisar a configuración de privacidade. Decidir se queremos compartir o vídeo con calquera, coas persoas ás que sigo, con algúns usuarios que eu escollo, ou coas persoas que teñan o contrasinal do vídeo. Tamén decidimos onde se pode incrustar, quen pode comentalo e se se pode descargar.
  • Conectarse. Podemos conectarnos co resto de usuarios de Vimeo seguíndoos e suscribíndonos aos seus vídeos. Recibiremos notificacións coas súas novidades e poderemos enviarlles mensaxes.
  • Explora. En Vimeo podemos descubrir vídeos que nos interesen explorando as categorías, uníndonos a grupos nos que ver e compartir vídeos e debatir sobre calquera tema, e navegar en miles de canles organizadas por temas.
  • Aprende. A Escola de Vídeo de Vimeo axúdanos a crear mellores vídeos a través de tutoriais creados por membros de Vimeo.

Non esquezas que…

… Vimeo non permite o envío de spam e pídenos que “actuemos amablemente”. Bótádelle un ollo á Guía práctica e ética de Vimeo para saber que tipo de contido podemos compartir e que debemos denunciar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.