Flickr é a plataforma clásica para compartir fotos e vídeos na rede. Lonxe de amedrentarse ante Instagram ou Pinterest, no 2013 presentaba un redeseño importante dándolle máis protagonismo ás imaxes e dispoñéndoas en forma de mosaico nos álbums e galerías de fotos. A novidade máis importante é que nos ofrece un terabyte de almancenamento gratuíto; isto equivale a máis de 500.000 fotos de alta calidade.
Facemos un percorrido polas principais seccións de Flickr:
Ti
Nesta sección temos acceso aos nosos álbums, ás galerías, ao mapa das nosas fotos, á nosa actividade recente, e podemos organizar as imaxes: engadir etiquetas, incluilas nun álbum, envialas a un grupo, etc.
Seguindo
Nesta pestana accedemos ás fotos dos usuarios aos que seguimos e ás fotos nas que fomos etiquetados. Tamén podemos buscar amigos atendendo ás suxerencias de Flickr ou sincronizando a nosa conta coa de Facebook ou a de correo electrónico.
Comunidades
É unha das seccións máis interesantes de Flickr. Podemos buscar, participar ou crear un grupo. E participar ou crear un debate en torno a un tema que nos interese.
Explorar
Aquí podemos ver fotos recentes, achegarnos á Colección Getty Images para comprar ou vender imaxes, a un buscador de cámaras, etc. O universo Flickr é moito máis grande do que parece.
Subir Fotos
Chega con arrastrar imaxes e vídeos á pantalla. Ou podemos facer clic en “elixir fotos e vídeos” e buscar as fotos no noso ordenador.
As contas
Foi unha das novidades que Flickr presentou en maio deste ano. A conta gratuíta permítenos almacenar 1TB de imaxes e elimínase a restrición das 200 fotos na páxina inicial. Na conta sen anuncios desaparece a publicidade e ten un custo de 49,99 dólares anuais. Por 499,99, podemos dispoñer da conta doublr que duplica o espazo de almacenamento.
Non esquezas que…
… debemos ser responsables do contido que subimos. Na configuración da conta temos distintas opcións de privacidade e permisos que cómpre revisar. Flickr déixanos que moderemos o noso propio contido pero establece se a nosa conta é segura ou non. Sabes por qué?


