Xa vos falamos de Blogger e de wordpress.com. Pero non de wordpress.org. Non hai unha opción mellor que outra; só tendes que escoller a que mellor se adapte ás vosas necesidades.
wordpress.com permítevos crear e compartir todo o contido que queirades, cun deseño coidado e de maneira gratuíta. wordpress.org é a mellor opción para ter un blog profesional. É software libre polo que o blog será exactamente o que nos queiramos; non estamos expostos á publicidade que pode aparecer nos blogs creados en Blogger ou en wordpress.com, por exemplo. Sabedes cales son as principais diferencias entre wordpress.com e wordpress.org?
No próximo post daremos algún paso máis en wordpress.org. Atrevédesvos?
Fonte: probandomundo.org.



