Hoxe comeza a Feira Internacional de Turismo, Fitur 2015. 3 días nos que falar sobre turismo sostible, turismo e saúde, compras, tecnoloxía… Por motivos obvios queremos achegarnos a Fiturtech’15, Foro de Innovación e Tecnoloxía Turística.
En Fiturtech’15 xa están a traballar pensando nunha nova xeración de turistas que, dentro de pouco, demandará hoteis socialmente responsables, hiperconectados e que aportan o máximo valor engadido aos seus clientes aproveitando os recursos dispoñibles. Dende ITH (Instituto Tecnológico Hotelero) opinan que a evolución dos hoteis debe basearse na innovación e na tecnoloxía.
Fiturtech celebra este ano a súa novena edición baixo o título “A Aventura do Turismo”. Expertos e representantes da industria turística nacional e internacional debatirán durante estes 3 días sobre como a tecnoloxía cambiará a oferta e a demanda: cal é o futuro das aplicacións móbiles? A que desafíos tecnolóxicos se enfronta a industria? Con que ferramentas debe contar un hotel de terceira xeración?
Botádelle un ollo ao programa por se podedes asistir. Para os que non esteades en Madrid, o evento emítese en streaming por AgoraNews.



