A app do mes | CDTIC

cdtic1O CDTIC vén de lanzar aplicación para ios e android. Agora podes, sen saír do teu smartphone, consultar as actividades, inscribirte nelas e seguilas por streaming.


Entre as principais opcións que se poden realizar dende a aplicación destacamos tres:

Inscribirse nas actividades

A partires de agora non terás que entrar na web dende un ordenador cando vexas unha actividade que che interesa. Viches unha que che gusta dende a aplicación? Pois podes inscribirte directamente. E tamén podes xestionar as inscricións no caso de que, por calquera motivo, tiveses que anular a túa praza no seminario.

Visualizar en streaming

Podes seguir as actividades que se celebren dende o teu teléfono. A reprodución de eventos en streaming non é cousa só das computadoras. En calquera lugar no que te movas, sempre que teñas acceso á rede de datos (mellor, wifi!) do teu terminal, poderás seguir os seminarios do CDTIC, que se retransmitan vía streaming.

Agregar eventos ao calendario

Desta maneira non esquecerás nunca o evento. Ademais de consultar a axenda de actividades, a novidosa integración co calendario permite engadir eventos ao teu propio calendario persoal. Así, o teléfono poderá avisarte dos seminarios nos que estás inscrito e que están a puntiño de comezar.

Novidades na web

A web tamén foi redeseñada. Agora, o deseño adáptase aos diferentes soportes, ben sexan ordenadores, tabletas ou teléfonos móbiles, e ofrece novas sección do CDTIC para poder visualizar os seminarios en diferiido ou as impresións de directivos e responsables de empresas sobre a súa experiencia coa tecnoloxía.

O MapaTIC.gal mellora moito a súa experiencia de uso, e atopar unha solución TIC adaptada ás túas necesidades nunca foi tan sinxelo

Descarga a app do CDTIC para iOs ou Android e sácalle partido dende o teu teléfono móbil

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.