As cabinas telefónicas son cousa do pasado. Que usos se che ocorren para as mesmas?

Ata finais de século, a progresiva implantación da telefonía fixa dotou ás cidades e vilas de todo o país de cabinas telefónicas onde poder chamar por teléfono.

Cabina telefónica: Wikipedia

Cabina telefónica. Fonte: Wikipedia

Actualmente, e segundo os datos da CNMC, un 88% dos españois declara non ter empregado nunca unha cabina. E estamos a falar dunhas instalacións que no ano 2013 superaron o millón de euros en canto ao seu mantemento.

En España quedan máis de 25.000 cabinas en activo. O debate, así, xira en torno a que facer con estas cabinas telefónicas. De feito, a CNMC insta ao Estado a revisar a conveniencia de manter estas instalacións.

E que facemos con elas? Hai propostas para todos os gustos. Velaquí algúns dos usos innovadores que se están a levar a cabo en todo o mundo e que poden ser interesantes:

Punto de recarga para terminais móbiles e outros trebellos electrónicos

É un uso relativamente sinxelo; xa que as cabinas teñen alimentación eléctrica, poder ofrecer conectores para os diferentes trebellos e poder cargar os nosos trebellos electrónicos na rúa. É algo que nos pode solucionar algunhas emerxencias.

Punto de acceso WiFi

É unha iniciativa que xa está en marcha en Nova Iorque, con plan para chegar ata os 10.000 puntos de acceso a través deste tipo de cabinas. E ademais, a opción que máis tenderá a popularizarse nos vindeiros anos

Punto de recarga de vehículos eléctricos

Combina unha dupla solución: utilidade novidosa e eficaz para as cabinas e solución á falta de puntos urbanos para a recarga de vehículos eléctricos, unha iniciativa que xa se está probando en Madrid, por exemplo.

Ocórreseche algún uso innovador ou interesante para as cabinas de teléfono da túa cidade? Escríbenos un comentario contando a túa idea

2 comentarios

  1. David

    Utilizalas como puntos de informacion dixital e de aluguer de bicicletas, cunha pantalla tactil en varios idiomas. Case non implica novas infraestructuras, reutiliza a rede de cobre, facilita a vida ao turista, etc.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.