Lectores de novas na Internet

Onte Google botou o peche a un dos seus servizos máis antigos, Google Reader. Un dos servizos – se non o máis popular – para consumir novas na web. Atende porque hoxe, en Xente Dixital, explicámosche en que consistía, que alternativas hai e, se descoñecías o tema, como podes consumir novas a partires de agora.

RSS, a alma da cuestión

A tecnoloxía RSS permite subscribirnos a divervas fontes de información para consumir contidos de xornais, blogs, desde un mesmo espazo e de maneira gratuíta.

Ese espazo, por exemplo Google Reader, amosa o contido das webs ás que estabamos subscritos e actualiza os contidos novos desas webs, de maneira que podíamos consultar as novidades de moitas webs sen saír do mesmo espazo. Era, en definitiva, como configurar un xornal ao noso antollo, coas nosas fontes de información, e sen a perda de tempo que suporía ter que visitar cada sitio web un por un.

feed-icon-64x64A subscripción a un sitio web faise premendo no botón do feed (normalmente, unha icona laranxa como a que está aquí ao lado) e engadíndoo ao noso lector de novas predefinido.

Que opcións quedan?

  • Feedly. Funciona dun xeito moi semellante a Google Reader (de feito, ata podes importar as túas fontes, se tiñas conta no servizo de Google). Ten versión web e aplicación para teléfonos móbiles e tabletas
  • The Old Reader: tan, tan sinxelo e eficaz, que é o que máis se parece a Google Reader. Podes importar os teus feeds, e incluso atopar aos teus amigos se te conectas con facebook e twitter.
  • Flipboard: Esta aplicación so existe para teléfonos móbiles e tabletas, pero a súa interfaz gustarache tanto que, ben seguro, non a desinstalarás. Esta aplicación amosa como as revistas dixitais deberían ser.

En calquera caso, as opcións son moi variadas. Coñecías os lectores RSS previamente? Cal foi a túa escolla?

Amplía información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.