Máis de 130 proxectos presentados na primeira convocatoria de Galicia Open Future

GOF

A primeira convocatoria de Galicia Open Future pechouse con máis de 130 proxectos presentados. O centro de crowdworking posto en marcha por Telefónica en colaboración coa Xunta, a través da Amtega e da Consellería de Economía e Industria, comezará a súa actividade en setembro.

Dos 130 proxectos presentados seleccionáronse 50. As iniciativas seleccionadas pertencen a sectores como o tecnolóxico aplicado a distintos ámbitos (marítimo-pesqueiro, agricultura, enerxía, etc.), as smartcities, lecer, cultura, saúde, etc. Algúns xurdiron en universidades e centros tecnolóxicos de Galicia. Ademais, destacan os proxectos de dixitalización, comercio electrónico e aplicacións móbiles.

Os proxectos atópanse en distintos graos de maduración: idea, prototipo, piloto, lanzamento, comercialización… Os emprendedores recibirán asesoramento para que o proxecto gañe visibilidade, acceso a colaboradores e as ferramentas para validar o funcionamento dos seus proxectos con clientes reais. Poderán traballar na sede de Galicia Open Future situada no edificio Gaiás na Cidade da Cultura. O período de estancia será de 6 meses ampliables ata un máximo dun ano.

Os 50 seleccionados recibirán unha bolsa achegada pola Axencia Galega de Innovación de 2.000 euros. Unha vez superada a fase de formación, os tres mellores proxectos poderán optar a unha axuda de 25.000 €. Ademais, estes tres proxectos poderán ter a posibilidade de acceder a un préstamo reembolsable do Igape doutros 25.000 €.

Formación, financiamento, e colaboración a través do portal openfuture.org. Os emprendedores seleccionados por Galicia Open Future poderán compartir experiencias con todos os da rede Open Future de Telefónica, que conecta os entre si os espazos de crowdworking.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.