Máis servizos no portal Eidolocal

Eidolocal

A Amtega, en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, vén de actualizar o portal Eidolocal que agora é máis usable e que incrementa e mellora os servizos para as entidades locais e os usuarios. Para comprobalo só tedes que visitar eidolocal.gal.

Máis servizos e novos espazos

A Sala de Sinaturas Virtual é un dos novos servizos do portal. Posibilita a revisión e a sinatura electrónica por parte dunha entidade local de documentos emitidos pola Xunta como os convenios, por exemplo. Eidolocal.gal tamén ofrece aos Funcionarios de Habilitación Nacional a información sobre concursos e procesos selectivos e permite a xestión en liña da provisión de postos.

Renóvase o servizo Envíos á Xunta, un buzón para que unha entidade local envíe documentación a determinadas unidades da Xunta. Permite a xestión complenta do envío e inclúe a posibilidade de subsanación. Por outra banda reformulouse o catálogo de Servizos; recolle a información máis importante de cada servizo de administración electrónica que a Xunta ofrece aos concellos.

En canto aos novos espazos, destaca o Meu Eido, escritorio para organizar a actividade no portal e agrupar os accesos directos a contidos e servizos. Tamén dispoñemos dun taboleiro de avisos. En eidolocal.gal podedes atopar ademais un espazo de ofertas laborais con información das ofertas de emprego público convocadas polas entidades locais. As actuacións impulsadas pola xunta para as administracións locais atoparédelas na sección Iniciativas.

Recursos compartidos

Eidolocal é a porta de entrada das entidades locais aos servizos dixitais. O traballo de eAdministración na Xunta faise seguindo un criterio de compartición de recursos e infraestruturas que eviten duplicar esforzos e custos. No Plan de Administración e Goberno Dixital 2020 prevese a creación dun catálogo de servizos públicos compartidos; á plataforma de interoperabilidade Pasaxe! ou ao sistema de Rexistro Único, sumarase un sistema de notificacións electrónicas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.