Marca persoal: 3 casos de éxito galegos

Levamos uns cantos posts falándovos de marca persoal. Seguro que volveremos falar do tema pero, polo momento, rematamos a semana recollendo 3 casos de éxito en Galicia. Son 3 exemplos moi diferentes pero que coinciden nun uso efectivo de blogs e redes sociais.

Laura Camino

lauracamino.es

Como ela mesma nos contaba está capacitada para “calquer labor relacionada con gabinete de comunicación, construción de marca e imaxe corporativa dixital, estratexias de xestión e xeración de contido en redes sociais…”. lauracamino.es é un blog: predomina a información dinámica con artigos relacionados coa comunicación 2.0 e con información dos últimos eventos nos que participou. Ademais hai enlaces ás redes sociais nas que está presente.

Iñaki Quenerapú

Quenerapu

Web moi diferente á anterior na que Iñaki Quenerapú condensa todos os intereses que conforman o seu perfil profesional: imaxe corporativa, informática, cómic, formación, teatro, vídeo. É doado comprobar como se desenvolve en todos estes campos se facemos clic nos enlaces aos seus perfís de Twitter, Facebook, Google +, Linkedin e Pinterest.

Javi Mos

Javi_Mos

Como podedes comprobar na captura, Javi Mos bótalle unha man a quen necesite ter unha presenza profesional na rede e faino cunha linguaxe comprensible. Por outra banda, vén de concluír con éxito un proxecto persoal do que seguro que oístes falar: AdelgazaMos. O obxectivo era baixar dos 100 kg antes do día do seu aniversario, o 26 de febreiro. No blog contaba o día a día do reto e nas redes sociais invitaba á comunidade que o segue a comentar e participar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.