Mercar online de forma segura

Comezabamos a semana repasando algúns dos datos da última enquisa do INE (Instituto Nacional de Estadística) sobre equipamento e uso das TIC en España. Chamábanos a atención que só o 21 % dos galegos adquiriu algún produto ou servizo na rede nos últimos 3 meses. Por que? Inseguridade? Descoñecemento? A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) bótanos unha man para comprar online de forma segura.

Métodos de pagamento

paypalO método máis extendido é a tarxeta, de crédito, débito ou prepago. O máis seguro é empregar unha tarxeta prepago á que transferimos o que imos gastar. Se non temos unha deste tipo, é mellor empregar unha de crédito que unha de débito; aínda que a lexislación é a mesma, coa de crédito é máis doado detectar un uso fraudulento.

A maioría de tarxetas empregan un sistema de compra segura que nos identifica enviándonos unha clave ao móbil ou empregando unha pasarela segura ou TPV virtual. A tenda non accede en ningún momento aos nosos datos.

Pero existen alternativas á tarxeta. Coñecedes Paypal? É un sistema de pagos que garda os nosos datos bancarios. Para pagar chega con dar nome de usuario e contrasinal. A seguridade é un dos seus sinais de identidade e son moitos os usuarios e vendedores que confían na plataforma.

Sen tarxeta ou sen ser usuario de Paypal, podemos pagar por transferencia (se confiamos no vendedor) ou contra reembolso (non hai risco porque non facilitamos datos bancarios).

Algúns consellos

  • Necesitamos un software de seguridade (antivirus, anti-espía, etc.) actualizado.
  • Protexer as compras dende o móbil, a través de Google Play ou iTunes, con contrasinal (pode facerse na sección de axustes).
  • Se non nos fiamos do vendedor convén empregar unha tarxeta prepago, PayPal ou pagar contra reembolso.
  • Se optamos por unha tarxeta prepago temos que informarnos de cuotas (de emisión e mantemento) e comisións (por recarga, inactividade, etc.).
  • Hai tempo que non mercas nunha tenda online? Borra a conta ou os teus datos bancarios.
  • Se te rouban: denuncia. A páxina web da Policía admite denuncias online.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.