Seguro que non sabiades que se podía diferenciar entre móbiles para a praia e móbiles para a montaña. A principios de xullo, pode ser un bo comezo para decidir a onde nos imos de vacacións este verán. Coñecedes as certificacións IP?
Reguladas pola International Electrotechnical Comission, consiste nun código de dous díxitos que indican grado de protección á auga e ao po respectivamente. Os números van entre o 0 e o 8 no primeiro caso e entre o 0 e o 6 no segundo. Canto maior é o número, máis resistencia. Para determinar o nivel de resistencia realízanse unha serie de probas estandarizadas.
Protección frente a auga:
- IPX0: sen protección especial.
- IPX1: protexido contra a auga vertida.
- IPX2: protexido contra a auga vertida cando está inclinado ata 15 graos con respecto á súa posición normal.
- IPX3: protexido contra a auga rociada.
- IPX4: protexido contra as salpicaduras de auga.
- IPX5: protexido contra a auga en chorros a presión.
- IPX6: protexido contra os chorros a alta presión.
- IPX7: protexido contra os efectos da inmersión.
- IPX8: protexido contra inmersión a certa profundidade, especificada polo fabricante, e normalmente ata 3 metros.
Protección frente ao po:
- IP0X: sen protección especial.
- IP1X: protexido contra os obxectos sólidos > 50 mm de diámetro.
- IP2X: protexido contra os obxectos sólidos > 12,5 mm de diámetro.
- IP3X: protexido contra os obxectos sólidos > 2,5 mm de diámetro.
- IP4X: protexido contra os obxectos sólidos > 1 mm de diámetro.
- IP5X: protexido contra o po; entrada limitada (sen depósitos daniños).
- IP6X: protección completa frente ao po.
Se un smartphone ten unha certificación IP24, estará protexido fronte aos obxectos sólidos de 12,5mm de diámetro e contra as salpicaduras de auga.
Algúns exemplos
Se buscades un smartphone case que indestructible, podedes optar polo MFOX A6, dispoñible en Amazon por 670 dólares. Non é o dispositivo co mellor deseño do mercado e pesa 589 gramos, pero é somerxible e estaredes completamente protexidos contra o po.
Outra opción máis popular pode ser o Sony Xperia M4 Aqua, cunha certificación IP68 tamén podedes somerxelo pero só ata 1,5 metros e só en “auga fresca”. Ou o Samsung Galaxy S6 Active que ten a mesma certificación e é un dos mellores terminais do mercado.
Se sodes dos que tivestes que cambiar de móbil por culpa da auga ou do po, seguro que mirades que certificación IP ten o seguinte terminal que merquedes.
Fonte: xataka.com.


