Novas tarifas de Roaming en toda Europa

Se viaxas con frecuencia ao estranxeiro, ou vives preto de Portugal, seguro que coñeces o que é o “Roaming”. Explicado de forma sinxela, é un recargo que as operadoras fan por empregar as redes de telefonía dos países distintos ao seu.

Ata hai ben pouco, o prezo das chamadas, mensaxes ou internet móbil era prohibitivo, pero a Unión Europea puxo mans no asunto para reducir as diferenzas. Xa en 2014 reduciron o prezo, e dende o 30 de abril temos novas tarifas por empregar o teléfono no estranxeiro (pero dentro da Unión Europea).

roaming-europa

Estes son os novos prezos

Custe por cada minuto de chamada emitida: a tarifa nacional que teñas contratada + recargo de ata 5 céntimos.

Custe por cada minuto de chamada recibida: a tarifa nacional que teñas contratada + recargo de ata 1,1 céntimos.

Custe por cada MB consumido (internet móbil): a tarifa nacional que teñas contratada + recargo de ata 5 céntimos.

Custe por cada mensaxe SMS enviado: a tarifa nacional que teñas contratada + recargo de ata 2 céntimos.

Custe por cada mensaxe SMS recibido: gratis.

Que países da Unión Europea e países asociados aplican estas tarifas?

Aínda que se asocia tradicionalmente á Unión Europea, este é o listado de países que aplicarán estes prezos: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia & Reunión & Martinica & Guayana Francesa & Guadalupe, Xibraltar, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia & San Marino, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumania e Suecia.

En xuño de 2017 desaparece o roaming

A partires do 15 de xuño de 2017 desaparecerá o roaming, e non haberá suplemento por uso no estranxeiro. A tarifa que se aplicará será a mesma que se aplica en territorio nacional, aínda que os provedores poderán cobrar por empregar a tarxeta SIM noutro país de maneira permanente.

Para entón esquecerémonos de desactivar o roaming ou mesmo de ter seleccionado o operador no noso teléfono de xeito manual.

Fonte: europa.eu

1 comentario

  1. Pingback: Trebellos para facer as túas vacacións máis tecnolóxicas - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.