O 66 % dos usuarios conectámonos dende máis dun dispositivo

whatsapp

Comezabamos a semana debuxando o perfil do internauta en España. Volvemos a consultar os datos publicados recentemente por comScore sobre o panorma do mercado online español, para saber que consumimos na rede os case 30 millóns de usuarios que nos conectamos en España todos os meses.

Sabiades que xa hai un 66% de internautas que nos conectamos dende máis dun dispositivo? Hai un 22% que se conectan só dende o ordenador e un 12% que o fan só a través do móbil.

ComScore1

Gráfico comScore.

Xa sabemos cantos somos e como nos conectamos á rede, pero que consumimos? No seguinte gráfico, que sae do informe publicado por comScore en febrero, vemos que consumimos (novas, servizos, redes sociais, etc.) e como (a través do ordenador, dos dispositivos móviles, ou do ordenador e dos dispositivos móviles). Destaca, por exemplo, que os que nos conectamos dende máis dun dispositivo buscamos, sobre todo, novas.

ComScore2

Gráfico comScore.

Por último detémonos no vídeo online. Segue a ser un dos contidos máis demandados: en febreiro houbo máis de 22 millóns de usuarios que accederon a vídeos en Internet dende o ordenador.

ComScore3

Gráfico comScore.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.