Cal pensades que vai ser o regalo tecnolóxico estrela para este Nadal? Hoxe dámosvos algunhas ideas para acertedes sen gastar moito.
Chromecast, orixinal e económico
Lembrades o post que escribimos sobre Google Chromecast? Convirte a vosa televisión nunha smart TV. É un dispositivo de reprodución de contido multimedia en streaming que se conecta á televisión a través da entrada HDMI. Podedes reproducir o contido de aplicacións como Youtube, Waki TV, Spotify, etc. Ademais contades ca versión audio para reproducir a través duns altavoces, calquera contido que teñades nos dispositivos móbiles. O prezo? 39€.
Unha pulseira intelixente?
En Xente Dixital xa vos falamos dalgunhas posibilidades interesantes. Podedes conseguir unha Sony Smartband2 por 120€ ou unha Charge HR, de Fitbit, por menos de 150€. Permiten, sobre todo, monitorizar a actividade física e recibir as principais notificacións do voso smartphone.
Os reloxos deste Nadal, intelixentes
Na Google Play podedes escoller smartwatch desde 200€ aproximadamente. Teredes acceso ás vosas aplicacións favoritas e recibiredes todas as notificacións que cheguen ao voso smartphone. Para mercar un Apple Watch o orzamento sube, como mínimo, aos 420€.




