O dispositivo do mes | Apple Watch

apple_watch

Este verán Apple presentábanos o esperadísimo Apple Watch, o reloxo de Apple que estará dispoñible no 2015. Xa vos falamos dos reloxos intelixentes de Sony ou Samsung; dispositivos nos que consultar a actividade de correo electrónico, redes sociais, aplicacións de mensaxería instantánea, etc. E nos que ver a hora. Que novidades presenta o Apple Watch?

Din en Apple que “abre unha nova era na relación das persoas coa tecnoloxía. É o producto máis persoal de todos os que creamos porque é o primeiro que deseñamos para que o leves posto”. É certo que non é o mesmo consultar información no teléfono que no pulso cando, por exemplo, saímos a facer deporte. Pero coidado con deixarse levar polos bonitos deseños e os coidados vídeos de presentación.

Mensaxes, chamadas e correo electrónico

No Apple Watch poderemos recibir e enviar mensaxes. Tede en conta que para envialas podedes dictalas, escoller as palabras que vos suxire o dispositivo ou enviar un emoji (emoticono) animado. Ou coller o iPhone, dispositivo imprescindible para desfrutar dun Apple Watch. En canto ao teléfono, Apple dinos que podemos usar o micro e o altofalante do reloxo para chamadas curtas, e suxírenos coller o iPhone para conversas máis longas. Ademais pódese consultar o correo, eliminalo ou marcalo como lido ou non lido; “se queres escribir unha resposta un pouco máis elaborada ábreo no momento no iPhone e listo”…

Un reloxo para poñerse en forma

AppleWatch_actividad

Máis alá de poder consultar de maneira máis rápida os correos ou as mensaxes que nos chegan, o Apple Watch parece cobrar sentido, por exemplo, na App Actividade, a aplicación estrela do teléfono. O running está de moda e con esta aplicación podemos saber percorrido, distancia, ritmo, ritmo cardíaco, marcarnos obxectivos, etc. No iPhone pódese consultar a evolución das últimas semanas.

As aplicacións

O Apple Watch será máis ou menos útil na medida na que se desenvolvan aplicacións pensadas para usar no reloxo antes que no teléfono. Coa aplicación mapas podemos consultar rapidamente cal é a nosa ubicación e incluso pedir indicacións, podemos seleccionar a música que queremos escoitar sen sacar o móbil ou levar as tarxetas de embarque ou as entradas de cine na aplicación Passbook por exemplo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.