O dispositivo do mes | A nova xeración de videoconsolas

Se falamos de videoxogos e dispositivos temos que falar da rivalidade entre Sony e Microsoft, entre Xbox e Play Station. A nova xeración de videoconsolas chega a finais deste ano con dúas protagonistas principais: a Xbox One e a Play Sation 4. Repasamos algunhas características e diferencias básicas.

ps4xboxoneCando e por canto

As dúas chegarán en novembro deste ano. Unha das diferenzas máis importantes está no prezo: a Xbox One custará 499 euros mentres que a Play Station 4 custará 399.

Os xogos

Ambas marcas ofrecen unha lista importante de xogos con algúns títulos en exclusiva, o que pode provocar decantarse por unha ou outra dependendo dos intereses e dos gustos de cada un. Sabedes que ten preparado Sony? E Microsoft?

Máis alá dos videoxogos

Microsoft decidiu posicionar dun xeito moi claro a Xbox One como centro multimedia, deixando incluso nun segundo plano a oferta de xogos. Poderemos ver a tele e recibir alertas de xogos, movernos con facilidade por xogos, televisión, biblioteca multimedia, etc.

Restricións?

Xbox One pretendía esixir que nos conectásemos cada 24 horas a Internet para verificar, entre outras cousas, as licenzas dos xogos. Despois das críticas recibidas só o esixirá no momento da instalación do xogo. Necesitamos a rede para tirar proveito dos dous dispositivos pero non existen restricións importantes nese sentido.

Tampouco haberá restricións xeográficas que impidan xogar aquí cun xogo que merquemos nos Estados Unidos, por exemplo.

Xogar e compartir

Poderemos compartir en redes sociais logros, capturas de pantalla, etc. Esperemos que a interacción en redes sociais sirva, por exemplo, para invitar aos nosos amigos a xogar con nós, e non para sobrecargar de información as nosas páxinas de Facebook ou Twitter.

Xbox One, Ps4… e Wii U

wii-u-011Sen facer tanto ruído como as súas competidoras, a Wii U agarda paciente volver dar a sorpresa. A Wii U é a videoconsola dos que buscan unha experiencia de xogo máis completa.

O protagonista é o mando. É un mando-tablet cos controis aos lados da pantalla, que permite trasladar a escena de xogo da televisión ao mando, que este funcione como panel informativo complementario, ou que prescindamos da pantalla da televisión para xogar.

A Wii U tamén sae á venta a finais de ano. Agora tócache a ti poñer enriba da mesa necesidades, intereses, orzamento…, e pensar na consola como consola e centro de ocio, ou na consola como ferramenta de traballo e estudo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.