O dispositivo do mes | O smartwatch

Seguro que xa escoitastes falar do smartwatch ou reloxo intelixente. Por agora funcionan como complemento do smartphone pero existen diferencias notables entre fabricantes. Detémonos en dous dos dispositivos dispoñibles, o Sony Smartwatch 2 e o Samsung Galaxy Gear, á espera de coñecer as novidades prometidas por Samsung, Sony ou Apple para 2014.

Sony Smartwatch 2

sonysmartwatch2

No Sony Smartwatch 2 podemos ver as SMS e as mensaxes de Facebook ou Twitter, pero non podemos respondelas. Tamén podemos consultar a previsión do tempo ou a localización GPS. Para acceder a correos e notificacións, o reloxo non se pode alonxar do teléfono máis de 50 metros.

Podemos instalar aplicacións no reloxo a través do smartphone. Lembrades cando vos falamos de Runtastic? É a app perfecta para os que saiades a correr; agora é moito máis sinxelo consultar distancia recorrida ou duración da carreira.

Recoméndase agardar aos modelos que se van presentar este ano pero por se estades interesados, o prezo hoxe é de 189 €.

Samsung Galaxy Gear

KV_gear

Imaxinades chamar a alguén cunha orde de voz dictada ao voso reloxo? Co Samsung Galaxy Gear pode facerse. Tamén poden consultarse as SMS e as mensaxes das redes sociais. E aínda que non é moi práctico, permite facer fotos e vídeos.

Non convén alonxarse máis de 15 metros do smartphone ou da tableta para acceder ás aplicacións que funcionan coa conexión de datos do teléfono. Ademais, o Galaxy Gear só é compatible con algúns teléfonos e tablets Samsung de última xeración. O prezo, ao redor dos 300 €.

1 comentario

  1. Pingback: O dispositivo do mes | Apple Watch - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.