Crear unha tenda en liña é cada vez máis sinxelo. Para conseguir os resultados que queremos necesitamos coidar os produtos que subimos, as descricións de produto e as fotos. A comunicación en medios sociais vainos axudar a chegar a cada vez máis usuarios, a detectar necesidades e oportunidades. A newsletter é unha das ferramentas máis efectivas para manter un volume estable de vendas e fidelizar ao noso público.
Un estudo do comparador buscoelmejor.com revela que 3 de cada 4 empresas consideran o email marketing ferramenta imprescindible para vender en liña. A maioría tamén usa as redes sociais (73%) para chegar aos potenciais clientes. Entre as estratexias máis usadas tamén destacan as feiras sectoriais (49%), a publicidade offline e as campañas de AdWords (40% aproximadamente).
Estes datos forman parte do estudo “As ferramentas de marketing e ventas e o uso do CRM nas empresas españolas no 2015”.
Cuestión de orzamento
Que orzamento adican as compañías ao marketing online? O orzamento actual da maioría é de menos de 500€ ao mes para estratexias de marketing online. Só un 16% inviste entre 500 e 1.000€, un 14% entre 1.000 e 5.000€ e un 9% entre 10.000 e 5.000€ ao mes.
Para saber canto se pensa investir podemos fixarnos nas previsións de crecemento; o 87% pensa que vai medrar, un 8% que se manterá e só un 1,8% que terá perdas.
É obrigatorio contar cun CRM
Máis alá do orzamento e das estratexias de marketing empregadas, o estudo preguntábase se as empresas españolas usan ou non un CRM –customer relationship managment; é un modelo de xestión baseado na relación cos clientes–. Chama a atención que un 49% das empresas usan un CRM e un 12,3% pensa adquirilo nos próximos meses. A metade dos que o usan téñeno aloxado na nube e un 33% nun servidor da empresa.
Fonte: PuroMarketing.



