O Entroido 2015 na rede

No vídeo podedes ver algunhas das principais personaxes do Entroido en Galicia. Con que celebración vos quedades? Cal é a vosa axenda do Entroido para este ano?

Na páxina web de Turismo de Galicia podedes atopar moita información sobre o Entroido en Galicia. Sabiades que oito dos carnavais teñen a cualificación de “Festa de Interese Turístico”? Na lista están, entre outros, os entroidos de Cobres, Laza, Verín e Xinzo, ou a Festa da Androlla e o Entroido de Viana do Bolo e o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda. Na páxina de Turgalicia podedes ademais informarvos sobre onde aloxarvos, onde comer ou que visitar.

Na web entroido.galiciadigital.com contan con información sobre o Entroido, gastronomía, sobre os protagonistas do carnaval galego, etc. Tamén se poden ver e descargar os carteis das distintas festas ou acceder a fotos e publicacións. Nesta páxina cómpre consultar, sobre todo, a axenda na que mesturan as celebracións máis importantes de cada un dos entroidos.

ENTROIDO

Ademais destas dúas webs, tamén podedes consultar, por exemplo, as páxinas dos entroidos de Verín, Laza e Xinzo. Onde podemos informarnos sobre o entroido na vosa localidade? Compartídeo nun comentario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.