O mellor do CES 2016

Xaneiro. Las Vegas. Trebellos. Esta é unha das combinacións tecnolóxicas máis esperadas do ano, e, ademais, a comezos! No CES amósanse os avances tecnolóxicos das grandes marcas, os produtos novidosos que nos chegarán no 2016, os prototipos que nos fan soñar cun futuro tecnolóxico e as pautas do que será o desenvolvemento informático dos vindeiros anos.

Logotipo do CES 2016

Logotipo do CES 2016

Son moitos os trebellos que se presentan no CES, aínda que este ano destacaron pola forte aposta os coches intelixentes (sobre todo aquelas tecnoloxías enfocadas cara os vehículos autónomos) e os televisores, con máis calidade, pantallas máis grande e cores máis nítidas. Unha tecnoloxía renovada para un invento que case está a punto de cumprir noventa anos.

De entre todos os produtos presentados fixemos unha escolma para ensinarche dous dos máis novidosos ou útiles para o 2016:

Family Hub Refrigerator

familiyhubrefrigerator

Vista frontal do Family Hub Refrigerator

Probablemente, o primeiro electrodoméstico intelixente… e útil. É unha neveira cunha pantalla táctil de 21’5 polgadas.

A neveira posúe tres cámaras interiores para axudar coa compra semanal. Cada vez que abres e pechas a neveira toma unha fotografía que podes consultar dende o teu teléfono móbil. Así, sempre sabes como andas de víveres na cociña. Interesante, va que si?

A maleta segura

Exemplo de uso do cadeado con pegada electrónica

Exemplo de uso do cadeado con pegada electrónica

A seguridade da nosa equipaxe sempre é algo que nos preocupa. Con este invento, será unha preocupación menor. A compañía Digipas USA presentou uns cadeados para maletas que substitúen os tradicionais sistemas de peche (cadeado ou combinación) pola pegada dixital do dedo índice.

Se o prefires, no canto da pegada dixital podes empregar unha combinación que activas dende o teléfono móbil.

Este trebello comezará a comercializarse a mediados de ano, e terá un custe aproximado duns 80€.

Tamén te convidamos a que lle botes a vista atrás, ata o 2015, para ver os que ían ser os trebellos do ano. Chegaches a ver algún deles na rúa ou nas tendas?

1 comentario

  1. Pingback: Fai hoxe 90 anos... transmitíase imaxe en movemento por primeira vez (televisión) - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.