O mellor do Mobile World Congress de Barcelona 2016

Entre os días 22 e 25 de febreiro celebrouse en Barcelona o Mobile World Congress, a segunda cita tecnolóxica do ano, e a máis importante da tecnoloxía móbil, que converte á Cidade Condal na referencia telefónica mundial por uns días.

mwc_2016Para coñecer o mellor desta cita tecnolóxica falamos con Iago Varela, editor de Mallandroid, que nos debuxa de xeito esquemático e eficaz cales son as novidades máis salientables da edición 2016.

 

Tabletas. Son un trebello que comeza a amosar signos de fraqueza, xa non se venden tantas coma antes, e a súa presenza na feira foi inferior. No entanto, o espazo que ocuparon no seu día as tabletas está a gañalo o segmento dos “convertibles” ou equipos que funcionan coma unha tablet cun teclado físico; a presenza de fabricantes chineses, con boas prestacións, é destacable.

Realidade virtual. En todo o seu esplendor; dende xogos (na industria do videoxogo terá moito éxito, segundo vaticina Varela), videochamadas e incluso aplicacións que nos permiten deseñar os espazos do noso fogar, como é o caso da app de Leroy Merlin.

De feito, Samsung fixo boa parte da presentación dos seus produtos mediante unha simulación en realidade virtual. Todos os fabricantes están a apostar por esta tecnoloxía e están a desenvolver as súas propias gafas ou aplicacións.

E-Sim. A tarxeta electrónica ou chip que substituirá á actual; virá instalada nos nosos dispositivos e non teremos que cambiala no caso de mudar de operador; as catro operadoras españolas con rede propia (Movistar, Vodafone, Orange e Yoigo) van a apostar por ela.

Pagos móbiles. As operadoras tamén se puxeron a traballar neste terreo. Vodafone, por exemplo, que fai de intermediaria entre os bancos e as compras, permite pagos no móbil con Vodafone Wallet.

Incluso os propios fabricantes apostarán polo pago en mobilidade. Samsung ten intención de meterse neste mercado e chegou a acordos con varias entidades bancarias españolas; entre elas, Abanca.

No que respecta aos terminais móbiles, o esperado Samsung Galaxy S7, o buque insignia da compañía surcoreana, fixo acto de presenza. No entanto, a Varela o que máis lle chamou a atención foi o LG G5, por ser o primeiro móbil realmente “modular”, con pezas intercambiables para obter novas funcionalidades, coma unha cámara capaz de gravar vídeos e facer fotos de 360º.

Unha edición 2016 que confirma a madurez do sector da telefonía móbil e as grandes posibilidades de futuro que ten.

1 comentario

  1. El Oculo

    Destacar en el apartado de la realidad virtual las novedades que trajeron Samsung y HTC, que han sacado a la venta ya sus gafas de realidad virtual, poniendo al descubierto ya desde el principio la gran diferencia que habrá entre las distintas opciones para vivir la VR, con pantalla integrada (HTC, Oculus, Play Station) y con pantalla smartphone. La diferencia de precios entre ellas es considerable.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.