O proceso de aprendizaxe en abril do 2015: tendencias e retos

creappcuentos

CreAPPcuentos

A finais de marzo entrevistabamos aos responsables de CreAPPcuentos, un dos proxectos integrantes de Galicia Open Future e un exemplo de ferramenta que vai a transformar o proceso de aprendizaxe; unha app que cambia a maneira de contar contos, que nos permite crear historias dunha maneira rápida e sinxela.

Como están a transformar as novas tecnoloxías o proceso de aprendizaxe? Que queda por facer?

En febreiro publicábase o informe NMC Horizon Report > 2015 Higher Education Edition no que se identifican algunhas tendencias e retos na educación superior a curto, medio e longo prazo.

En canto ás tendencias clave destacan, en primeiro lugar, a evolución da aprendizaxe en liña e dos espazos de aprendizaxe. O uso da aula invertida ou flipped classroom, por exemplo, implica cambios no deseño de espazos. Necesítase maior mobilidade, flexibilidade e permitir o uso de dispositivos móbiles.

A medio prazo, o obxectivo é dispoñer de recursos educativos abertos: contidos gratuítos e reutilizables. A aprendizaxe e a avaliación estarán baseadas en datos; mellorarase a medida que madure o campo das analíticas de aprendizaxe.

Por último, dentro de 5 anos ou máis, a idea é traballar en comunidades abertas e consorcios universitarios. A colaboración e acción colectivas serán cada vez máis importantes.

Os retos pendentes

Seguro que todos coñecedes o concepto de alfabetización dixital. É o momento de redefinilo e de engadir as novas habilidades asociadas ao uso das TIC. O segundo paso é aprender a mesturar aprendizaxe formal e informal. Que queremos dicir? Temos que poder combinar a ensinanza tradicional coa aprendizaxe autodirixida que facemos a través de internet. Temos que crear contornas que fomenten a experimentación e a creatividade.

Por outra banda, cómpre analizar outros modelos educativos. Existen outros modelos en liña e gratuítos como os MOOC. Temos que avaliar os seus logros e ver como integralos en colexios e universidades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.