A Amtega vén de ampliar a 200 Mpbs a velocidade de internet do CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo), o EEI As Dunas Panxón (Nigrán), o IES Julio Prieto Nespereira (Ourense), o CEIP Luís Pimentel (Lugo) e o IES San Paio (Tui). Estes centros pasan dos 8 aos 200 Mbps o que lles vai permitir conectarse simultaneamente ou o uso de máis aplicacións informáticas dun xeito efectivo.
Os centros de Rianxo, Nigrán, Ourense e Lugo son só algúns dos 2.300 centros de servizos públicos beneficiados polas melloras do novo contrato de telecomunicacións da Xunta que entrou en vigor este ano. Nos próximos 3 anos a Administración incrementará o ancho de banda de 1.014 centros da área de Educación, 119 de servizos sociosanitarios e 45 sedes xudiciais. Máis da metade dos 2.300 centros contarán con conexións de 100 ou 200 Mpbs.
Hoxe máis de 250 centros educativos contan con conexións de 100 ou 200 Mpbs. Dende o 2009 multiplicouse por 4 a velocidade media de conexión destes centros; 5,6 Mbps no 2009 e 20,5 Mbps hoxe.
O Plan de Banda Larga 2020
No 2015 non chega con universalizar o acceso á banda larga, necesitamos unha velocidade elevada para desfrutar de todos os servizos dixitais. O Plan de Banda Larga 2020 ten como obxectivo garantir unha cobertura de cando menos 30 Mbps para toda a poboación e impulsar a contratación de servizos de banda larga de máis de 100 Mbps.
O ano novo traerá a primeira convocatoria pública para incentivar os despregamentos de redes de 100 Mpbs para que no 2020 dispoñan deste servizo todos os núcleos de máis de 500 habitantes.


