Xa estamos afeitos a opinar sobre os contidos que consumimos na rede. Para unha marca, as opinións dos seus seguidores poden axudarlle a medrar e vender máis. Ou todo o contrario. Unha tenda en liña está exposta a usuarios descontentos cos seus produtos ou a trolls nacidos na rede coa única intención de polemizar.
Que facemos? Pechamos os comentarios? Non é unha boa idea. Coidar o que vendemos e ofrecemos dará como resultado unha maioría de comentarios positivos. E nesas opinións podemos identificar que lles interesa aos nosos seguidores e que temos que cambiar e mellorar.
Antes de mercar fixámonos en
Segundo un estudo de BrandShop nos Estados Unidos, o 75% dos consumidores usa os comentarios dos demais usuarios para establecer se un sitio é de confianza ou non. É o factor que máis inflúe na decisión de compra. Por detrás, a cantidade e a calidade da información que facilita a páxina é decisiva nun 60% das ocasións.
A calidade da web, a experiencia de navegación ou a URL, é importante para o 40% dos usuarios.
Plataformas de venda ou tendas das marcas?
Non sorprende que 8 de cada 10 enquisados aseguraron mercar habitualmente en Amazon. Este dato demostra a forza de Amazon e a importancia das plataformas de venda, das tendas de terceiros no mundo ecommerce. Os datos cambian nalgúns sectores; no caso da roupa e a electrónica, preferimos mercar (55% aproximadamente) directamente á marca.
Fonte: PuroMarketing.


