Participa nos novos desafíos da Axenda Dixital 2020

AxendaDixital_desafios

O pasado 28 de xullo habilitábase o blog Axenda Dixital 2020 para que todos poidamos responder aos desafíos propostos, participar nos foros de discusión ou enviar as suxestións que consideremos para a elaboración da próxima Axenda Dixital de Galicia ao correo adg2020@xunta.es.

O venres faremos balance dos dous primeiros desafíos pechados o pasado 15 de setembro. Ata o próximo 15 de outubro podes participar nos novos desafíos sobre educación, empresas e sectores primarios.

Ao desafío “Como aplicarías a tecnoloxía para mellorar a educación do futuro?” xa podemos ler respostas como “promocionando o software libre dentro dos recursos educativos empregados” ou “facilitando a formación aos profesores para poñer en marcha ou usar plataformas que dean soporte á docencia apoiada na rede”.

No blog tamén se pregunta “Que farías para aumentar o uso das novas tecnoloxías nas empresas?”. Hai máis dun usuario que opina que “un obxectivo básico é extender as redes de alta velocidade de forma xeralizada por todo o país”. Entre outras achegas, podemos ler que “calquera actuación orientada á promoción do uso das TIC entre as emrpesas galegas debe ter un enfoque sectorial”.

Por último, para a pregunta “Que novas solucións tecnolóxicas proporías para modernizar os sectores primarios de Galicia?”, xa atopamos respostas interesantes como que “o software empregado para modernizar os sectores primarios debería ser totalmente libre, facilitando a gandeiros, pescadores, etc., que poidan adaptar as aplicacións desenvolvidas ás novas necesidades”.

Estas son só algunhas das opinións que podemos ler no blog sobre os desafíos abertos. Ata o 15 de outubro estás a tempo de facer a túa achega e participar na elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.