Pide xa a túa axuda para acceder a Internet vía satélite

Conectarse a Internet nalgunhas das zonas máis illadas de Galicia non é doado. Pero hai máis opcións que contratar o servizo a través dos operadores de telefonía habituais. Sabiades que podedes conectarvos á rede vía satélite?

Antes do 30 de setembro, pódense solicitar as axudas da Xunta para contratar Internet vía satélite: ata 150 euros de gastos de instalación, o equipamento interior en vivendas e empresas (router wifi, etc.), a alta de liña e a primeira mensualidade.

As axudas están destinadas a fogares e empresas con enderezo en Galicia, que non contan cunha conexión de, cando menos, 2 Mbps, mediante outra tecnoloxía. O programa establece unha única subvención por enderezo, destinada a cubrir gastos de instalación e equipamento. Cómpre contratar un servizo dun mínimo de 2 Mbps durante un ano, a través dalgunha das entidades colaboradoras: Duo Teleco, Eurona, Quantis ou Terrachá Technology.

A medida tivo unha primeira convocatoria no 2012 da que se beneficiaron preto de 700 usuarios. Forma parte do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia cuxo obxectivo principal e que todos os galegos conten cun servizo de Internet de banda larga de calidade.

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.