Plan de Banda Larga. Obxectivos para o 2013

O desenvolvemento das infraestruturas de telecomunicacións en Galicia é algo crucial, un feito clave para o desenvolvemento da nosa Comunidade. Dalgúns dos eixos clave xa vos falamos en Xente Dixital, como do CPDI, o Centro de Proceso de Datos Integral que albergará todos os CPDs da Xunta nun so lugar, e que se converte na pedra angular da estratexia tecnolóxica autonómica.

Alén do CPDI, a potenciación do operador público Retegal, como o xestor das infraestruturas de telecomunicacións, e a primeira Lei de telecomunicacións, que establecerá o marco normativo, complementan unha triloxía de elementos clave.

Sen embargo, existe un cuarto piar fundamental, e é o que atinxe á cidadanía. De feito, de pouco serve xestionar as infraestruturas, de pouco serve un marco normativo, de pouco serve un CPDI que aglutine os 80 CPDs da Xunta, se non existe unha poboación con acceso a internet para que utilice dos servizos da Administración e, por suposto, para o seu beneficio persoal.

Así, o cuarto piar elemental desta estratexia tecnolóxica pasa pola execución das accións definidas no Plan de Banda Larga, que apuntan a reducir o desequilibrio territorial proporcionando acceso á banda larga de calidade en toda a poboación galega.

Plan de banda larga. Obxectivos para o 2013

Dende a súa posta en marcha, conseguiu dar acceso a máis de 660.000 galegos que non tiñan acceso ao servizo de internet. O obxectivo 2013 é moi ambicioso.

O obxectivo para o 2013 consiste en chegar a ofrecer a posibilidade de internet ao 97% da poboación con redes fixas e sen fíos, e para o 3% restante, prevese dotar do acceso a internet a través de sistemas vía satélite.

Seremos quen de chegar ao 2014 cunha Galicia onde todos os galegos e galegas teñan posibilidade de conexión á Internet? Ese é o obxectivo da Amtega

Amplía información:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.