“Poderiamos reinventar o xeito de contar contos e integralo coas novas tecnoloxías da información e a comunicación?”

Avelino Correa e Antonio Escudero, responsables de CreAPPcuentos

Avelino Correa e Antonio Escudero, equipo de CreAPPcuentos

A primeira posición en Startup Pirates Vigo no 2013, o premio Eganet como mellor proxecto emprendedor TIC en Galicia no 2014, finalistas no Spain Startup e gañadores do premio á mellor app educativa de España en SIMO Educación, en outubro do ano pasado… Estes son só algúns dos recoñecementos que acadou CreAPPcuentos, outro dos proxectos integrantes de Galicia Open Future.

Hoxe falamos con Antonio Escudero, un dos fundadores de CreAPPcuentos. Como xorde a idea? Como funciona a aplicación? Que lles aportou Galicia Open Future? Atentos ás respostas.

Que é CreAPPcuentos?

Lembrades cando eramos nenos e o noso avó, a nosa nai ou o noso irmán nos contaban un conto? Eses intres, sen dúbida, forman parte dos momentos máis entrañables da nosa infancia. Poderiamos reinventar o xeito de contar contos e integralo coas novas tecnoloxías da información e a comunicación?

En CreAPPcuentos desenvolvemos una aplicación para dispositivos móbiles que revoluciona a maneira de contar contos, permitindo crear historias únicas e diferentes de forma rápida e sinxela, onde pais, nenos e mestres teñan a oportunidade de elixir as personaxes que máis lles gusten e deixar voar a súa imaxinación para crear o final que eles elixan. En CreAPPcuentos os nenos son os autores dos seus propios contos.

En que punto do desenvolvemento do proxecto estades?

Agora estamos centrados na mellora e no desenvolvemento da app na contorna educativa para colexios que queiran incorporar o uso das tablets na súa metodoloxía. Estamos traballando moito no desenvolvemento de contido e aplicacións interactivas para museos como o de Pontevedra, ou o de Lalín co proxecto DepoDEZA.

Ademais facemos obradoiros de narrativa dixital, storytelling, formación en apps, etc. tanto para docentes e centros educativos como para empresas privadas.

CreAPPcuentos pode funcionar como ferramenta para as escolas?

A aplicación converte aos espectadores en protagonistas activos da acción creativa estimulando a imaxinación, polo que funciona moi ben como ferramenta idiomática educativa. Neste caso para fomentar o uso do galego, a comprensión lectora e escrita entre os nenos e para mellorar as dinámicas asociativas e reforzar a aprendizaxe.

Entre os nosos obxectivos está dinamizar a lingua galega, xerar dinámicas creativas de interacción aoredor das TIC, fomentar a simpatía e o achegamento á aprendizaxe e á lectura dende o xogo e o uso das tablets, ou fomentar o traballo en equipo dos mozos e mozas, así coma o uso da lingua galega nas Tics.

Que vos aportou Galicia Open Future?

Traballamos durante 6 meses xerando contactos, viaxando a feiras e eventos, asistindo a formacións… Recibimos apoio de Telefónica e da Xunta, e da Amtega que sempre nos abriu as súas portas incluso recoñecendo o noso traballo cun premio pola aplicación con mellor deseño de Galicia a finais do ano pasado.

2 comentarios

  1. Antonio Escudero

    Muchas gracias por el artículo y el interes por el proyecto .
    Estas pequeñas muestras de cariño y de apoyo , son muy importantes para mantener activa la ilusion y la motivación del equipo .
    Gracias de nuevo en nombre de to d o el equipo de CreAPPcuentos.

    Reply
  2. Pingback: O proceso de aprendizaxe en abril do 2015: tendencias e retos - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.