Preséntase o Plan de Acción Software Libre 2014

Plan_accion_softwarelibre

Xa temos o Plan de acción software libre 2014, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Durante o mes de xuño contarémosvos as actuacións que se desenvolverán durante este ano para incrementar o uso e o coñecemento do software libre por parte da sociedade, do sector empresarial e da administración.

En canto ao sector empresarial, manterase a oferta de demostracións e formación e o asesoramento particularizado ás pemes, e porase en marcha o Centro Demostrador TIC Virtual; as pemes galegas poderán probar o funcionamento de solucións libres a través da web do CDTIC.

A formación será de novo un dos eixos fundamentais de actuación do plan. Formación á cidadanía a través da rede CeMIT, do Programa de Voluntariado Dixital, das Asociacións galegas de usuarios de software libre (AGUSL), de AGASOL ou do Colexio Profesional de Enxeñeiros de Informática de Galicia.

Ademais ofrecerase formación no ámbito universitario a través da Oficina de Software Libre do CIXUG (Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria), no ámbito educativo no marco do Proxecto Abalar e aos empregados públicos a través da EGAP (Escola Galega de Administración Pública).

Por último, en canto á administración pública, durante o 2014 a Amtega dará os primeiros pasos na migración á ofimática libre do posto do empregado público, cun piloto de migración en 1.000 postos de traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.