Primeiros desafíos da Axenda Dixital de Galicia 2020

desafios_AxendaDixital

Comezabamos a semana visitando o blog Axenda Dixital de Galicia 2020. É a ferramenta a través da que cidadáns, axentes sociais e económicos e colectivos sociais colaboramos na elaboración da Axenda Dixital de Galicia.

Como facelo? Establecéronse 5 desafíos para mellorar en cidadanía, servizos públicos, empresas, educación e sectores primarios.

O primeiro dos desafíos abertos e no que xa podedes achegar as vosas suxerencias é “Que farías en materia de accesibilidade dixital para que todas as persoas poidan facer uso dos servizos públicos dixitais?”. Aquí podemos ler xa opinións como que “en materia de accesibilidade debemos procurar facer a vida mellor ás persoas con dificultades funcionais. Deste xeito a sede electrónica debe ser accesible para persoas con problemas visiuais”. Ou que “se deben ampliar plans para que a formación en ferramentas e aplicacións básicas para o uso de internet chegue a todos os concellos de Galicia”.

Tamén podemos participar xa no desafío “A que servizos públicos che gustaría acceder a través de internet?”. Neste caso atopamos suxerencias como que “deberiamos poder acceder aos nosos informes e expedientes médicos vía certificado dixital”, e que, entre outras opinións, “sería interesante acceder dende o móbil á información dos medicamentos prescritos polo médico”.

Estes desafíos estarán abertos ata o próximo 15 de setembro. Do 16 de setembro ao 15 de outubro abriranse os restantes retos para empresas, educación e sectores primarios. A que agardas para facer a túa achega?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.