O Plan de Formación da Rede CeMIT inclúe cursos de diferentes temáticas e niveis. Están dirixidos á cidadanía, aos profesionais TIC, a empresas e autónomos, e a empregados públicos.
O Plan de Formación deste ano establece 13 itinerarios formativos con 60 cursos para as distintas áreas en función dos colectivos e as súas necesitades.
Os itinerarios formativos abranguen un amplo abano de posibilidades: a alfabetización dixital básica, a formación destinada a empresarios e emprendedores, equipamento TIC, redes sociais, imaxe e audio, formación a desempregados, ofimática en software libre, operacións a través de Internet, creación multimedia e web 2.0, administración electrónica, capacitación especializada e software libre, ocio en Internet e multimedia e ferramentas TIC.
Para facilitarche o acceso ao que máis che pode interesar, se accedes á Rede por primeira vez, realizas unha proba de nivel para que o Axente TIC che poida recomendar o itinerario máis axustado ás túas necesidades. Así mesmo os cursos rematan cunha proba de aproveitamento para coñecer o nivel de aprendizaxe do usuario.
Ademais, o Plan de formación da Rede CeMIT conta con formación específica para profesionais TIC en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) e para empregados públicos a través da Escola Galega de Administración Pública, encargada de deseñar e impartir o programa de formación destinado aos empregados públicos.
Só queda que fagas click aquí e busques a túa aula CeMIT máis cercana. Seguro que poden axudarche.

