O próximo día 21 de abril Google vai cambiar o seu algoritmo. Que significa? Basicamente, cambian as claves polas que as páxinas web se posicionan nos resultados de busca. Cómpre ter en conta que este cambio se vai a notar máis que os anteriores e que a web móbil pasa a un primeiro plano.
O novo cambio modificará como se ven os resultados do 40% das buscas móbiles. Tede en conta que hoxe facemos o 50% das buscas na rede a través do móbil. Imaxinade que pode pasar con páxinas que non estean preparadas para os dispositivos móbiles…
Google leva tempo “avisando” deste cambio. Xa sinala que webs están adaptadas e cales non para os dispositivos móbiles. A partir de agora, as que non o estean descenderán na lista de resultados de busca.
Que hai na lista de cousas que Google pide? Temos que evitar o uso de flash, o texto ten que ser facilmente lexible (sen necesidade de facer zoom), as ligazóns teñen que estar ben situadas e non ten que ser difícil facer clic, e o contido debe adaptarse a distintos tamaños de pantalla. Sabiades que Google creou unha páxina para saber se a vosa web é mobile friendly?
En Xente Dixital xa vos falamos dos deseños responsivos que agora se convirten en aínda máis importantes. Este tipo de webs identifican o dispositivo dende o que están sendo consultadas e adáptanse automaticamente. Ademais afórrase porque non hai que crear máis dun produto, só un que funciona en todos os dispositivos.
Máis alá do móbil, tamén se penalizarán as páxinas satélite, unha práctica común no mundo do SEO (posicionamento en buscadores). Son páxinas creadas para os buscadores que só serven para enganar aos consumidores; algo parecido a unha landing page (páxina de chegada) pero sen información útil.
Xa fixestes o test? Que resultado vos deu?
Fonte: PuroMarketing.


