Que é a Axenda Dixital de Galicia?

A Axenda Dixital de Galicia é a estratexia tecnolóxica global da Xunta para integrar as TIC na sociedade, modernizar os servizos públicos e contribuír ao crecemento dos principais sectores produtivos coa tecnoloxía como elemento tractor.

Como se está a traballar para acadar este obxectivo?

Na modernización da Administración e da Xustiza.

Con plans específicos en ambas as dúas áreas para conseguir unha Administración máis aberta, accesible e áxil. Un exemplo: a sede electrónica da Xunta que permite aos cidadáns xestionar coa Administración sen condicionantes de espazo e tempo. Esta semana achegarémosvos as principais vantaxes da sede electrónica.

A creación do Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI), do que xa che falamos en Xente Dixital, é outro fito clave neste proceso de modernización para que a Administración poida ofrecer uns servizos dixitais de calidade, cun menor custo e maiores garantías de seguridade e dispoñibilidade.

No eido xudicial, e a través do Plan Senda estase a renovar e a mellorar o equipamento e as infraestruturas tecnolóxicas dos órganos xudiciais galegos.

Na transformación do sistema educativo.

Con iniciativas como Abalar, que integra de xeito efectivo as TIC nas aulas e do que se benefician máis de 44.000 alumnos.

Na mellora continua da sanidade.

A través de proxectos tecnolóxicos nos que a Comunidade é líder e apoiando economicamente grandes proxectos tecnolóxicos innovadores como Hospital 2050 e o INNOVASaúde, que buscan a mellora da prestación sanitaria e dos servizos asistenciais a través de iniciativas baseadas na aplicación da tecnoloxía.

Nunha Galicia conectada.

Grazas ao Plan de Banda Larga co que se están a estender infraestruturas de telecomunicacións por todo o territorio galego e que achegou internet a máis de 660.000 galegos sen cobertura hai tres anos.

No desenvolvemento de programas de inclusión dixital. 

A través de iniciativas como a rede CeMIT con 98 aulas para a formación dixital gratuíta ou o programa de voluntariado dixital para facilitar o acceso as TIC a todo o mundo, especialmente aos colectivos máis afectados pola fenda dixital.

Apoiando a implantación das TIC en todos os sectores produtivos.

Con medidas como a posta en marcha do Centro Demostrador TIC, punto de encontro entre a oferta do sector tecnolóxico de Galicia e demanda TIC do tecido empresarial galego. En dous anos o CDTIC acolleu un total de 57 actividades nas que participaron preto de 800 empresas e 1400 profesionais do eido educativo, sanitario, da investigación, do sector téxtil e da confección ou da automoción, entre outros. Queres saber máis do CDTIC e a súa sala de realidade virtual? Non deixes de lernos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.