O CDTIC é o Centro Demostrador TIC, escaparate tecnolóxico de Galicia e un referente para a introdución das TIC nas empresas galegas a través da asesoría e da formación tecnolóxica. É unha iniciativa da Amtega e da Consellería de Traballo e Benestar xunto coa entidade pública Red.es, adscrita ao Ministerio de Industria.
Ubicado no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, ofrécelle solucións a empresas situadas dentro e fóra do sector TIC:
Empresas TIC
- Ofrécelles unha plataforma para darlle visibilidade a produtos, servizos e habilidades tecnolóxicas.
- Contan cun espazo no que demostrar os seus recursos a empresas doutros sectores.
- Dispoñen de información de axudas, proxectos e iniciativas útiles para o desenvolvemento da súa actividade.
- Foméntase a cooperación entre empresas.
Sector non TIC
- O CDTIC está aberto para que calquera poida achegarse e coñecer solucións tecnolóxicas interesantes para a súa empresa.
- É un directorio onde atopar empresas, produtos e servizos acordes ás nosas necesidades.
- Pódese atopar información de axudas e financiación para a integración das TIC nas empresas.
Os obxectivos
No CDTIC podemos atopar unha mostra de empresas que proban o impacto positivo do uso das TIC. Búscase asesorar e formar tecnoloxicamente ás empresas e aos autónomos galegos. Ademais, é un espazo no que identificar necesidades e oportunidades, onde se fomenta a innovación e se comparten coñecementos en torno ao universo das TIC.
Esta semana repasaremos servizos e actividades do CDTIC, e entrevistaremos a unha das empresas que compartiron coñecementos e habilidades nas aulas do centro nos últimos meses.

