Todos os meses a estas alturas adicamos un post a un dispositivo electrónico. Desta volta queremos falarvos do grafeno; aseguran que vai a revolucionar o futuro dos dispositivos tecnolóxicos pero, que é? Que dispositivos formarán parte do noso día a día dentro de 10 anos?
Que é?
Para ser rigurosos temos que dicir que o grafeno xorde cando partículas moi pequenas de carbono se agrupan de forma moi densa en láminas de dúas dimensións moi finas e en celas hexagonais. Obtense a partir dunha sustancia moi abundante na natureza: o grafito. Sustancia que se emprega para fabricar lápices ou algún tipo de ladrillo, entre outros obxectos.
Coñécese dende principios do século XX pero foi no 2004 cando dous científicos rusos, Novoselov e Geim, conseguiron illalo a temperatura ambiente. O descubrimento fíxoos merecedores do Premio Nobel no ano 2010.
Utilidade
O grafeno podería servir para fabricar avións, satélites ou coches máis seguros, ou edificios máis resistentes. Pero, sobre todo, destacan as súas aplicacións no campo da electrónica. Pola súa capacidade para almacenar enerxía pódense conseguir baterías que duren máis e que se carguen en menos tempo ou establecer conexións máis rápidas.
No campo da telefonía móbil, por exemplo, trabállase en dispositivos sen formas nin cores prestablecidas, con pantallas flexilbles, pregables e táctiles. Hai estudos que indican que os circuítos de grafeno posibilitarían comunicacións máis rápidas e de maior calidade.
No minuto 1 do seguinte vídeo podedes asomarvos ao futuro dos dispositivos tecnolóxicos.
Fonte infografeno.com.


