Que é o m-commerce?

marketinglocal

Á realidade aínda nova do ecommerce súmase a do m-commerce (mobile commerce); cada vez atopámonos máis cómodos mercando dende os dispositivos móbiles. Usamos móbiles e tabletas para consumir contidos pero tamén para mercar produtos ou contratar servizos. Un estudo da compañía Javelin conclúe que o m-commerce é o único mercado que está a medrar significativamente dentro do ecommerce.

As previsións son que no 2019 existan uns 217.000 millóns de consumidores que merquen dende aplicacións móbiles ou dende o navegador pero sempre dende dispositivos móbiles. O 45% do ecommerce farase dende móbiles e tabletas.

O estudo revela que os bens físicos será o que máis merquemos (51%). Tamén destacarán os xogos (38%), a música (38%) e as apps (37%). Por outra banda, aínda que vos sorprenda, o 18% dos usuarios merca tonos de chamada.

O móbil para mercar e para pagar

Máis alá das compras que fagamos a través do móbil, prevese que tamén teñan un impacto importante nos puntos de venta físicos. As pasarelas de pago móbiles serán cada vez máis habituais. A previsión é que no 2019 o 5% dos pagos en tenda se fagan dende un móbil. O seguinte paso sería que o móbil como ferramenta de pago adiante ao móbil como soporte de comercio.

Acostumarémonos a usar o móbil como ferramenta de pago? É un cambio que implica unha nova pauta de consumo e que obriga a traballar aínda máis en materia de seguridade dixital. Que opinades?

Fonte: PuroMarketing.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.