Que nos van regalar?

tablet

Seguro que moitos de vós aínda non rematastes coas compras do Nadal. A 16 de decembro, quixemos coñecer as tendencias de compra deste ano en España e saber que dispositivos tecnolóxicos regalamos máis.

O diario Lainformacion.com recolle un estudo da consultora Deloitte no que analiza as tendencias de consumo no Nadal. O primeiro dato é que cada familia gastará, de media, 671 euros; o 39% do orzamento é para regalos, o 31,5% para ceas de Nadal, o 15,4% para viaxes e o 13,5% invertirémolo en diversas formas de ocio.

Chama a atención que o regalo máis desexado é o diñeiro en efectivo. Despois queremos roupa, zapatos, viaxes e libros. Tamén destacan os dispositivos tecnolóxicos. Pero convén repasar a lista de cada xénero. Os homes queren diñeiro en efectivo, smartphones, tabletas, viaxes e ordenadores; as mulleres, en cambio, prefiren roupa e calzado, diñeiro, viaxes, perfumes e cosméticos, e libros.

Pero non é o mesmo desexar que ter. Os regalos máis habituais para homes serán roupa e calzado, libros, perfumes e cosméticos, xoiería e videoxogos. Para as mulleres destacarán a roupa e os zapatos, os libros, os perfumes, os accesorios e a xoiería.

Os nenos e os adolescentes

Nos regalos para nenos terase moi en conta o factor educativo. Mercaranse, sobre todo, regalos académicos e educativos. O segundo posto será para os videoxogos e tamén destacarán a roupa e os zapatos, os libros, e as bonecas e peluches. En canto aos adolescentes, o regalo estrela serán os videoxogos. Tamén se regalarán diñeiro, tabletas e videoconsolas.

En Xente Dixital xa vos suxerimos algúns dispositivos tecnolóxicos interesantes para nenos e adolescentes e fixemos recomendacións importantes a ter en conta antes de mercar un videoxogo.

O papel de Internet

No 2013 xa hai un 29% de usuarios que mercarán regalos de Nadal a través de Internet. O 26% empregamos a rede para buscar regalos e o 22% para comparar prezos. A principal vantaxe da rede é coñecer as opinións doutras persoas antes de mercar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.