Que novidades nos deixou o MWC 2015 de Barcelona?

MWC15

Foto: facebook.com/mobileworldcongress

Samsung Galaxy S6, Sony Xperia Z4 Tablet ou realidade virtual son algunhas das palabras clave da última edición do Mobile World Concress celebrado en Barcelona a semana pasada.

O primeiro que temos que buscar é o mellor smartphone e parece que o que máis destacou foi o Samsung Galaxy S6. Ofrece as mellores prestacións do mercado pero non esperedes a mellor relación calidade-precio; podedes conseguilo a partir de 700€.

HTC tamén presentou o seu HTC One M9 cun procesador máis potente e unha cámara mellor que o seu predecesor. Pola súa parte Sony presentou o Xperia M4 Aqua.

A tablet que máis chamou a atención dos presentes foi a Xperia Z4 Tablet de Sony. Resolución de 2.560 x 1.600, un procesador de 8 núcleos, pode reproducir 17 horas de vídeo sen necesidade de cargarse… Necesitades, iso si, 549€.

Pero tamén foi a feira da realidade virtual. Presentáronse dispositivos como as HTC Re Vive ou as Gear VR de Samsung. Que se consegue con este tipo de dispositivos? Atentos ao vídeo que comparten dende xataka.com.

Ademais de todo isto, tamén se presentaron uns auriculares que transmiten o audio sen necesidade de cables, perfectos para deportistas ou mobles con cargadores inalámbricos integrados. Cal foi a novidade que máis chamou a vosa atención?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.