Xa vimos que é o CDTIC, que solucións lles ofrece ás empresas do sector TIC galego e ás que pertencen a outros sectores, e cales son os seus obxectivos. Hoxe achegámonos aos servizos que ofrece e ás actividades que se desenvolven no Centro Demostrador TIC.
Os servizos
- Mapa TICgal. Lista de provedores, produtos e servizos TIC galegos online. Punto de encontro virtual entre os diferentes provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia e os potenciais demandantes de tecnoloxía. Útil para calquera empresa que necesite algún produto ou solución TIC, para empresas provedoras de servizos TIC, para asociacións empresariais de calquera sector, etc.
- Demostracións de produtos TIC. Preséntanse de forma práctica produtos e servizos TIC. Están destinadas tamén a posibles empresas usuarias ou provedoras desta tecnoloxía.
- Espazo de divulgación. O CDTIC é un referente en divulgación tecnolóxica en Galicia. Xa vos falamos, por exemplo, da Guía de Solucións TIC en Software Libre para profesionais auónomos. Tamén se presentan casos de éxito, material audiovisual, etc.
- Asesoramento TIC. Cal é o grao de integración das TIC no voso negocio? Achegándovos ao CDTIC podedes detectar necesidades e posibles solucións.
- Formación. No CDTIC celébranse periodicamente actividades formativas, presenciais ou por teleformación, útiles para o desenvolvemento tecnolóxico de autónomos y empresas galegos.
- Equipamento e reservas. Pódese reservar a sala de realidade virtual, a sala de formación e a sala de demostracións TIC. Está destinado a empresas TIC, asociacións empresariais sectoriais, grupos de investigación, centros e institutos tecnolóxicos, colexios profesionais e administracións. Queres saber como facer a reserva?
As actividades
No CDTIC desenvólvense: sesións demostradoras, para mostrar dun xeito práctico produtos e servizos TIC, encontros TIC nos que debatir sobre necesidades dun sector empresarial, novidades TIC…, e seminarios de formación para autónomos e pemes. As actividades poden estar promovidas pola Xunta de Galicia ou por calquera empresa ou colectivo externo.
Coñeces o calendario para o mes de novembro? Seguro que atopas temas interesantes.


