Queres crear unha web con Drupal?

drupal

O CDTIC acolle mañá e o día 22 de setembro dúas sesións formativas sobre o xestor de contidos Drupal: “Desenvolvemento de portais web con Drupal: nivel básico” e “Desenvolvemento de portais web con Drupal: nivel avanzado”. Os horarios: de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30 os dous días.

O primeiro día os asistentes coñecerán os fundamentos de Drupal e aprenderán a crear e xestionar unha web empregando este xestor de contidos. O día 22 o obxectivo é afondar na utilización e configuración de Drupal con características avanzadas do sistema, prestando atención á seguridade, rendemento e escalabilidade de portais web.

As sesións formativas están destinadas a profesionais TIC e aos responsables de xestionar webs de entidades do terceiro sector ou a empresas que queiran crear unha páxina web con Drupal. Os seminarios serán impartidos por Alberto Permuy, arquitecto especialista en Drupal.

Para participar só tedes que inscribirvos na web do CDTIC. A asistencia é de balde.

Solucións para o terceiro sector

Os seminarios forman parte dun ciclo formativo de solucións libres para o terceiro sector organizado pola Amtega en colaboración con EAPN Galicia (Rede Galega contra a Pobreza). Son 9 actividades que se impartirán nos próximos meses, pensadas para este sector da economía galega composto por entidades sen ánimo de lucro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.