Se sodes algo Larpeiros, seguro que coñecedes o Hostal e os Apartarmentos Rodeiramar, en Cangas. Merchi explícanos como medraron grazas aos vídeos e á comunicación en redes sociais. Por que non vos pode pasar a vós o mesmo?
Pero Fran e Merchi non son o único exemplo. Non somos os primeiros en falarvos do proxecto Abastos 2.0. Ou de MCafé, con María Fernández á fronte. Son dous exemplos máis de proxectos que empregan as redes sociais e medran grazas a elas. Contaron a súa experiencia nas xornadas Redes Sociais e Comunicación 2.0 do Programa de Voluntariado Dixital, celebradas en xuño deste ano.

