Nos seus días de esplendor, Roma gobernou unha cuarta parte da humanidade ao longo de tres continentes. No mundo hiperconectado de hoxe en día é sinxelo entender as distancias, pero… como era iso fai dous mil anos? Para dar resposta a esta pregunta, a Universidade de Stanford ven de publicar o seu “Modelo de rede xeoespacial do mundo romano”, tamén coñecido como ORBIS
A simulación creada pola Universidade de Stanford permite expresar os custes de comunicación romanos en termos de tempo e de diñeiro. Mediante a simulación de movemento ao longo das principais rutas da rede romana de estradas, os principais ríos navegables e as rotas marítimas do mediterráneo, o Mar Negro e o Atlántico costeiro, o modelo reconstrúe a duración e custe financeiro das viaxes que imaxinemos.
Variacións estacionais
O modelo ORBIS ten en conta as variacións estacionais, xa que no norte de Europa e nas zonas montañosas o transporte non podía durar o mesmo. Tendo en conta as variacións da época do ano, e a gama de modos e medios de transporte, ORBIS revela a a verdadeira forma do mundo romano e ofrece un recurso único para a comprensión da historia daquel tempo.
A aplicación sinala, ademais, a rota máis rápida, a máis curta e a máis barata. Tendo en conta que o transporte terrestre era bastante caro, é comprensible o dominio dos mares e das rotas marítimas que posuían os romanos. Por exemplo, o camiño máis rápido entre Roma e Londes, no verán, levaría 27 días atravesando a Galia (Francia), mentres que o camino máis barato levaría 39 días atravesando o Mare Nostrum (Mediterráneo), bordeando a península ibérica e a Galia ata chegar a Londinium (Londres).
En Galicia, o único punto destacable é “Flavium Brigantium”, que, probablemente, fose Betanzos.
Se reparas no mapa de conexións, moitas das estradas que temos na actualidade empregaron os trazados que os romanos deseñaron no seu día.



