O Centro Demostrador TIC organiza o xoves 25 de febreiro o seminario “Marca persoal e identidade dixital. Incidencia sobre o emprego” que se impartirá nas súas instalacións de 17.00 a 20.00 h.
O programa da xornada inclúe temas como os conceptos de marca persoal e identidade dixital, o papel do correo electrónico, as ferramentas existentes para o posicionamento profesional na rede ou a estratexia de employer branding. Trátase dun programa de interese se consideramos o valor diferencial do coñecemento e do talento no actual escenario dixital e global, no que as persoas deben mostrar o seu saber facer no desenvolvemento profesional e as empresas e organizacións deben resultar atractivas para atraer e reter o talento
Destinatarios
Este seminario está destinado principalmente a responsables e profesionais de RRHH e, en xeral, a todas as persoas que consideren que o talento e o saber facer resultan clave na actividade profesional persoal ou na actividade da súa organización. O encargado de impartir a sesión será Xosé Alberte Cea, profesional que exerce como orientador laboral e que conta con experiencia como titor, formador, relator, promotor de actos de networking e impulsor de proxectos de emprendemento.
Como podo participar
Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC. A asistencia é de balde aínda que o aforo é limitado. Inscrítebe mentres queden prazas!
E se non podo achegarme ata Santiago?
As persoas interesadas en a este seminario e que non poden desprazarse a Santiago, pode consultar na rede de aulas CeMIT, cal é a aula CeMIT máis próxima ao seu domicilio na que se vai emitir o evento, e solicitar a súa participación vía videoconferencia.



Pingback: O mellor do mes de febreiro en Xente Dixital - Xente Dixital