Cando usamos unha plataforma web estamos suxeitos a cumprir as súas normas de uso e utilización. Estas normas adoitan ser bastante longas e cheas de linguaxe técnica e legal que fan que a maioría de usuarios, por non dicir todos, nin as leamos á hora de utilizar a plataforma.
A plataforma segue a súa normativa ao pé da letra e, na maioría de ocasións, é aplicada de maneira automática por servizos dentro da plataforma que detectan quen está a facer algo incorrecto de maneira automática. Lamentablemente, este automatismo pode levar a falsos positivos que nos poden facer a vida un pouco máis complicada.
Instagram ten estes automatismos e unha das súas deteccións chámase Shadowbanned. E todos podemos caer nela.
Que é o Shadowbanned?
Este nome tan raro refírese a un nivel principiante de protección de si mesma de Instagram. É dicir, é unha das barreiras que nos pon a plataforma cando cre que estamos a facer algo incorrecto.
Como podemos saber se estamos afectados? Pois se podemos entrar á rede social pero o noso alcance (comentarios, likes e visitas) baixou de maneira importante nuns días. Outro síntoma é non aparecer nas procuras, xa que o fai a plataforma é “ocultarnos” da comunidade.
Por que se me aplicou?
As razóns de estar nesta zona de sombra poden ser moitas pero as máis comúns son: utilizar un hashtag inventado de maneira habitual, utilizar hashtags prohibidos moi a miúdo, ser obxecto de bots automáticos, seguir a moita xente en moi pouco tempo.
Como podo saír da zona escura?
Se detectamos que estamos na zona escura e saímos dela temos malas noticias: non hai unha forma infalible. Pero hai algunhas accións que podemos facer:
- Desactivar a nosa conta 72 horas
- Deixar de usar ferramentas automáticas para a publicación
- Contactar con Instagram para comentar o problema.
- El “Shadowban” non é infinito e normalmente desaparece pasadas unhas semanas.